AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA A FORMACIÓN EN EMPRESA
PRIMEIRO PRAZO: remata o 30 de xuño de 2026, para o alumnado matriculado en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa ata o 31 de agosto de 2026. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado que realizase a formación en empresa nos períodos outubro 2025-marzo 2026 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2026.
Datas primeiro prazo:
- Publicación da convocatoria no DOG: 29/01/2026
- Prazo de solicitudes: 30 de xaneiro ao 30 de xuño
- Publicación no centro da listaxe provisional: 1 de xullo
- Prazo de reclamacións: 1 de xullo ao 10 de xullo
- Publicación no centro da listaxe definitiva: 11 de xullo
- Finalización das prácticas: do 11 ao 17 de xullo
SEGUNDO PRAZO: comprendido entre o 13 de outubro e o 13 de novembro de 2026, para o alumnado matriculado en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa no período setembro-decembro de 2026. Acollerase a este segundo prazo o alumnado que lle corresponda realizar a formación en empresa no período de setembro-decembro de 2026. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes de 31 de decembro de 2026.









