arriba
Sábado, 21-Setembro-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorCoñécenosseparatorPolítica de calidade


Política de calidade

 img#1266

O CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel forma parte da Rede de Centros integrados de Formación Profesional de Galicia e como tal establece e documenta un sistema de xestión da calidade que permite garantir a calidade dos nosos servizos, mediante un control dos procesos e dos medios empregados.

Os requisitos da norma ISO 9001:2015 están recollidos e asociados á documentación e aos procedementos do Sistema de Xestión da Calidade, trazando cada requisito co procedemento ou cos procedementos que os desenvolven.

Os procedementos do SXC son de obrigado cumprimento para todo o persoal do centro integrado.

O centro aspira a aumentar a satisfacción dos seus usuarios (alumnado, familias e empresas) mediante a aplicación eficaz dun sistema de xestión da calidade, o que abrangue a mellora continua na prestación do servizo e o aseguramento da conformidade, tanto cos requisitos do usuario como cos legais e os regulamentarios aplicables.

Toda a documentación referida ao SXC, incluíndo procedementos atópase en www.edu.xunta.gal/calidade


Misión, visión e valores