arriba
Domingo, 28-Maio-2023   |    Acceso privado

 

 


Química

Esta familia abarca subsectores bastante diversos, como por exemplo a química básica na que fundamentalmente se produce a gran escala e se obteñen xeralmente materias primas para outros procesos produtivos. A fabricación de productos farmacéuticos, cunha contribución biotecnolóxica importante, realízanse, frecuentemente con delicadas operacións de dosificación e acondicionamento.


A industria alimentaria, vitivinícola, automoción e aeronáutica constitúen outros tantos subsectores incluídos nesta familia profesional xunto coa axuda á investigación científica e policial.


Actualmente, o sector químico oriéntase cara a produtos de maior valor engadido, máis respectuosos co medio ambiente, e con procesos tecnolóxicos máis sofisticados e seguros. Isto pasa por un incremento do nivel profesional medio das cualificacións e unha maior polivalencia dos traballadores.

Actualmente pódense estudar no CIFP A Carballeira as seguintes titulacións relacionadas coa Familia Profesional de Química:

- Ciclo Medio de Laboratorio

- Ciclo Superior de Laboratorio de análise e de control de calidade

- Curso de especialización en cultivos celulares