CS Laboratorio de análise e de control de calidade
Este ciclo formativo proporciona os coñecementos necesarios para organizar e supervisar a actividade nun laboratorio, desenvolver e aplicar técnicas de análises físicas, químicas, microbiolóxicas ou biotecnolóxicas sobre materias primas, produtos químicos ou alimenticios, entre outros dirixidos á investigación, a análise ou ao control de calidade, actuando baixo as normas das boas prácticas no laboratorio, de seguridade e ambientais.
Modalidade: ordinario presencial
Horario: de 08:30 a 15:00
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos