Que é un viveiro de empresas?
Un viveiro é un espazo axeitado para a posta en marcha de proxectos empresariais viables nos que poderás dispoñer das infraestruturas necesarias para desenvolver a túa idea de negocio, de xeito gratuíto, e co asesoramento e titoría da persoa responsable de emprendemento no centro educativo.
Folleto Rede Galega de Viveiros de Empresas
Eduemprende, o Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, ten como finalidade o fomento do espírito emprendedor e as iniciativas empresariais. Para alcanzar este obxectivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do programa Emprende, pon a disposición do seu alumnado, de xeito gratuíto, viveiros de empresas nos centros educativos.
O noso viveiro
O viveiro de empresas do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel forma parte da Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos.
Se tes unha idea de proxecto empresarial e queres valorar a súa viabilidade achégate ó noso viveiro de empresas.
As nosas instalacións contan con 4 postos provistos da moblaxe propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.
Ponte en contacto coa persoa responsable do viveiro e ven a coñecelo: viveiro.cifp.carballeira@edu.xunta.gal