arriba
Luns, 11-Novembro-2024   |    Acceso privado

 

 


Servizos

Todos os servizos que se ofrecen desde estes viveiros son gratuítos e serán os axeitados en cada unha das fases nas que se atope o proxecto.

Asesoramento

  • Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector onde se desenvolverá o teu proxecto.
  • Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do teu proxecto.
  • Titoría exercida polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no teu proxecto

Instalacións

Espazos axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro que ofrece:

– Moblaxe básica propia dunha oficina

– Equipos informáticos

– Acceso á Internet

– Teléfono, fax, fotocopiadoras...

– Gastos xerados no mantemento xeral