CM Sistemas microinformáticos e redes
A competencia xeral deste título consiste en instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo ambiente.
Modalidade: ordinario presencial e adultos presencial
Horario:
- ordinario presencial: de 08:30 h a 15:00 h en quenda de mañá e de 16:00 h a 22:20 h en quenda de tarde
- adultos presencial: de 16:00 h a 22:20 h
Ciclo formativo de grao medio: 2000 horas /dous cursos académicos