CS Desenvolvemento de aplicacións web
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
Réxime: ordinario presencial e persoas adultas a distancia
Horario:
- ordinario presencial: de 08:30 a 15:00
- modular a distancia
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos