CM Coidados auxiliares de enfermaría
A competencia xeral deste título consiste en proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Réxime: ordinario presencial, persoas adultas presencial tarde e persoas adultas dual tarde
Horario:
- ordinario presencial: de 08:30 h a 15:00 h
- persoas adultas presencial tarde: de 16:00 h a 22:20 h
- persoas adultas dual tarde: de 16:00 h a 22:20 h
Ciclo formativo de grao medio: 1400 horas /dous cursos académicos