Servizos
A biblioteca do CIFP A Carballeira permanecerá aberta segundo o horario que poderás atopar na porta. É o lugar que che posibilitará consultar unha ampla bibliografía relacionada cos ciclos formativos das diferentes familias profesionais que conforman a oferta formativa do noso centro. Tamén poderás contar coas TIC axeitadas para acceder a información que precises. O teu espazo idóneo de estudo.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Cafetería
A nosa cafetería permanece aberta ininterrumpidamente dende as 9.00 ata as 20.00 horas. Neste espazo poderás desfrutar desde unha gran variedade de bocadillos e un estupendo café ata un económico e diverso menú diario. E todo aderezado coa amabilidade e bo facer de Flori e Bea.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Copistería 
O centro conta cun servizo de realización de fotocopias no espazo de conserxería na que poderás ser atendido/a sempre que a dispoñibilidade das nosas conserxes o faga posible.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aparcadoiro
O CIFP A Carballeira dispón dun amplo aparcadoiro exclusivo para o alumnado.