arriba
Venres, 13-Xuño-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorAlumnadoseparatorAcreditación de competencias


Selecciona idioma:

Acreditación de competencias

A acreditación de competencias é un procedemento que permite obter o recoñemento oficial das competencias profesionais das persoas con experiencia laboral ou que teñen formación non formal.

Este programa é cofinanciado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial “Plan De Formación Profesional Para El Crecimiento Económico y Social y La Empleabilidad”, e pola Unión Europea-NextGenerationEU.


UNIDADES DE COMPETENCIA, CUALIFICACIÓN PROFESIONAL E CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE


Unha unidade de competencia é o conxunto mínimo de coñecementos, habilidades e actitudes que unha persoa debe demostrar para realizar con éxito unha tarefa ou actividade específica nun ambiente de traballo. Representa unha parte dunha cualificación profesional, subdividida en logros profesionais, que describen as tarefas e os comportamentos esperados. 

Na seguinte ligazón se pode consultar que unidades de competencia que é posible acreditar: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita/buscador-ucs?codigo_ucompetencia=&descricion=&familia_ucompetencia=All%A2ros_oferta=1245


cualificación profesional refírese ao nivel de competencia dunha persoa para realizar unha actividade profesional, que pode adquirirse mediante formación, experiencia laboral ou ambas as dúas. Esta competencia inclúe coñecementos, habilidades e aptitudes relevantes para o posto de traballo.

As cualificación profesionis están formadas por unidades de competencia.
Unha persoa considérase cualificada cando o seu desempeño laboral acada os resultados esperados, cos recursos e o nivel de calidade necesarios.
  • Nivel 1: Competencia nun conxunto pequeno de actividades laborais relativamente sinxelas correspondentes a procesos estandarizados, con coñecementos teóricos e habilidades prácticas limitadas para aplicar. 
  • Nivel 2: Competencia nun conxunto de actividades profesionais ben definidas coa capacidade de empregar os instrumentos e as técnicas axeitadas, que se refire principalmente ao traballo realizado de forma independente dentro dos límites destas técnicas. Require coñecemento dos fundamentos técnicos e científicos da túa actividade e a capacidade de comprender e aplicar o proceso.
  • Nivel 3: Competencia nun conxunto de actividades profesionais que requiren o dominio de diversas técnicas e que poden realizarse de forma autónoma, o que implica a responsabilidade de coordinar e supervisar traballos técnicos e especializados. Require unha comprensión dos fundamentos técnicos e científicos das actividades e unha avaliación dos factores do proceso e o seu impacto económico.

Na seguinte ligazón se poden consultar as distintas cualificacións profesionais e que unidades de competencia a compoñen, ordenadas por familias profesionais: https://incual.educacion.gob.es/informatica_cualificaciones

Un certificado de profesionalidade é un título oficial que acredita unhas determinadas competencias profesionais necesarias para desempeñar un posto de traballo. O listado de certificados atópase publicado no Catálogo Nacional de Cualificacións e ten validez e capacita a unha persoa para desenvolver unha derminada actividade laboral en España. Non todas as cualificacións profesionais levan asociado un certificado de profesionalidade.
Na seguinte ligazón se poden consultar cales das cualificacións profesionais teñen asociado un certificado de profesionalidade: https://incual.educacion.gob.es/certificados/informatica

Unha vez superado o proceso de acreditación, coas unidades de competencia acreditadas e posible:

  • Solicitar os certificados de profesionalidade na Consellería de Traballo. No caso de estar en posesión de todas as unidades de competencia que forman un certificado de profesionalidade.

Ligazón a consellería de traballo: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/certificados-profesionalidade/solicitude?langId=es_ES

Modelo TR308A para solicitar os Certificados de profesionalidade: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR308A

  • Convalidar as unidades de competencia por módulos profesionales, nas seguintes ligazóns se mostran as convalidacións das unidades de competencias por módulos dos distintos ciclos de FP:

Para ciclos de FP: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/aGMbspa5PNCePtS


REQUISITOS

Os requisitos para poder acreditar son:

  1. Ter nacionalidade española ou comunitaria, ser residente ou familiar dun residente en España.
  2. Ter 18 anos para as unidades de competencia de nivel 1 e 20 anos para as de nivel 2 e 3.
  3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias a acreditar.
  4. As persoas candidatas NON poderán:
    • Posuír ou están en condicións de obter un título de FP que conteña as unidades de competencia que solicita.
    • Estar matriculadas nun ciclo FP ou en formación para desempregados das unidades de competencia que quere acreditar.
    • Non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento de experiencia profesional.
    • Non pode estar inscritas nas probas libres para obtención dun título de FP das mesmas unidades de competencia.

FASES

As fases do procedemento son:

  1. Admisión: a persoa candidata debería cubrir unha solicitude na aplicación Acredita e presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  2. Asesoramento: logo de que sexa admitida no proceso, se lle asigna a persoa candidata un asesor ou asesora que lle axudará a persoa candidata a recopiar todas as probas que lle podas xustificar as súa competencia profesional. Nesta fase realizaranse uns cuestionarios de autoavaliación.
  3. Avaliación de competencias profesionais: a comisión de avaliación empregará os métodos que considere necesarios para comprobar a competencia profesional da persoa candidata, xa sexa por observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas ou entrevistas profesionais.
  4. Acreditación e rexistro das competencias: cando se supere o proceso de avaliación obterá unha acreditación por cada unha das competencias demostradas.

UNIDADES ACREDITABLES

No CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel pódense acreditar competencias das seguintes familias profesionais:

  • Informática e comunicacións
  • Química
  • Sanidade [Actualmente non dispoñible]
  • Seguridade e medio ambiente
  • Transporte e mantemento de vehículos

Na seguinte ligazón podes visualizar a lista de Unidade de Competencias acreditables no noso centro:

https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita/buscador-ucs?codigo_ucompetencia=&descricion=&familia_ucompetencia=All¢ros_oferta=1245


PRAZOS E TAXAS

O procedemento ARA está ABERTO PERMANENTEMENTE polo que as persoas interesadas poderán inscribirse no mesmo en calquera momento. Todo o proceso terá que estar resolto nun prazo máximo de 6 meses dende a data de inscrición.

Actualmente o proceso está EXENTO DE TAXAS en tódalas súas fases.


SOLICITUDES

A solicitude para participar no procedemento deberá realizar por vía electrónica a través da aplicación Acredita da Xunta de Galicia:

https://www.edu.xunta.gal/acreditacion/

Logo de facer a solicitude esta deberá ser presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

https://sede.xunta.gal/


CONTACTO

Para orientación profesional personalizada contactar co Departamento de Orientación no correo electrónico:

orientacion.cifp.carballeira@edu.xunta.gal

Para calquera aclaración sobre o procedemento ou seus pasos contactar co Departamento de Acreditación e Probas a través do correo:

acreditacion.cifp.carballeira@edu.xunta.gal


PROCEDEMENTOS E GUÍAS

  • Como facer unha solicitude. [Vídeo]
  • Como facer unha emenda a unha solicitude [PDF]
  • Como facer unha mellora voluntaria dunha solicitude. [PDF]
  • Anexo II. Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa. [PDF] [ODT]
  • Obtención de acreditacións e utilización [PDF]
  • Como confirmar a asistencia ás reunións [PDF]
  • Como confirmar o historial formativo e cubrir as enquisas de autoavaliación [PDF]

PREGUNTAS FRECUENTES

  • Que é o procedemento de acreditacións?
  • Como podo comezar a miña solicitude?
  • Por que non é posible acreditar as competencias da familia de sanitaria agora?
  • Cando remato o procedemento que podo facer?
  • Canto tempo pasa desde a avaliación ata obter os certificados?
  • Cales son requisitos de experiencia profesional que teño que ter?
  • Cales son os requisitos de formación que teño que ter?
  • Canto tempo dura o proceso?
  • Podo iniciar o procedementos e estou cursando unha FP?
  • Onde podo atopar os cuestionarios de autoavaliación?