arriba
Xoves, 13-Febreiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorErasmus +


Erasmus +

O CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel aposta pola internacionalización da Formación Profesional de grao medio e superior e está comprometido coa mellora das oportunidades de educación e emprego do alumnado. A través do programa Erasmus+ foméntase o desenvolvemento da innovación e a modernización do ensino mediante a cooperación internacional e a preparación lingüística e multicultural do alumnado.

A través dos proxectos de mobilidade, que se destinan tanto a alumnado como a persoal, o alumnado interesado pode cursar integramente o módulo de Formación en Centros de Traballo ou realizar prácticas nunha empresa estranxeira. No caso dos docentes, trataríase de estancias para completar a súa formación.

 img#79598

Dende a Coordinación de Programas Internacionais do CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel fomentarase a realización de proxectos internacionais e informarase á comunidade do centro sobre as posibilidades de realización de prácticas ou estadías no estranxeiro para alumnado e persoal. Así mesmo, tramitaranse as solicitudes e a documentación necesaria para a participación do centro nos programas internacionais e facilitarase asesoramento.

Tamén se informará puntualmente das actividades relacionadas coa Coordinación de Programas Internacionais nesta páxina web, así como das condicións de participación nas mesmas, tanto do alumnado coma do persoal. Traballamos pola internacionalización do CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel, promovendo e favorecendo a mellora das competencias profesionais. 


Difundirase o proxecto Erasmus+ para mobilidades a través dos seguintes medios: páxina web do centro, redes sociais, carteis na entrada e en diferentes localizacións do centro, comunicación directa a titores e presentacións grupais.

Con antelación informarase da apertura do prazo de inscrición para os/as interesados/as que desexen obter unha bolsa de mobilidade Erasmus + e da documentación que se debe achegar debidamente cumprimentada. Unha vez finalizado o prazo de solicitude, comezará a selección dos/as candidatos/as de conformidade co establecido nas bases que se publicarán na páxina web do centro, onde figuran os criterios de selección e baremación. Finalmente, daranse a coñecer os listados de seleccionados/as.

Dende o centro animámosvos a participar nestas iniciativas. Calquera dúbida ó respecto podedes facérnola chegar a través do voso/a titor/a ou da coordinación de programas internacionais.

Natalia Gómez Justo

Coordinadora de Programas Internacionais
0034 988 788 477
programas.internacionais.cifp.carballeira@edu.xunta.gal


ERASMUS CHARTER FOR HIGHER EDUCATION (ECHE) 2021-2027 

ERASMUS POLICY STATEMENT (EPS) 

 img#79598 img#37497    img#37497   img#37497 

  img#37497   img#37497   img#89091 

                                                                 img#89091