CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico
O CIFP A Carballeira oferta os seguintes módulos do ciclo formativo:
- Citoloxía xeral
- Citoloxía xinecolóxica
- Necropsias
- Procesamento citolóxico e tisular
- Formación en centros de traballo (FCT)
Todo aquel alumnado que posúa o título de Técnico Superior en Laboratorio clínico e biomédico, e curse e supere estes cinco módulos, poderá ostentar tamén o título de Técnico Superior en Anatomía patolóxica e citodiagnóstico
Modalidade: persoas adultas presencial
Horario: vespertino
Ciclo formativo de grao superior: un curso académico e o primeiro trimestre do seguinte curso