arriba
Martes, 27-Febreiro-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorAdmisión e matrículaseparatorOferta formativa curso 2023/2024


Oferta formativa curso 2023/2024

A FP galega ábreche as portasActualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Na seguinte ligazón podes atopar para o curso 2023/2024 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos que se impartirá no noso centro.


Oferta formativa curso 2023/2024

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.

 

A FP galega ábreche as portas