arriba
Mércores, 6-Decembro-2023   |    Acceso privado

 

 


Plan Proxecta+

Plan Proxecta+ - Foto

O noso centro foi seleccionado nos seguintes programas educativos enmarcados dentro do Plan Proxecta+ durante o curso escolar 2023/24:


Por 365 días de respecto e igualdade.

Obxectivos do proxecto

Porporcionarlles ás mozas e aos mozos galegos formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de esterotipos sexistas e de falsas crenzas. [+ información]


Meteoescolas.

Obxectivos do proxecto
Mellorar o coñecemento do alumnado en temas de meteoroloxía e clima e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, e da realización de diversas actividades nas distintas áreas educativas.


Salvavidas.  Modalidade Doazón de órganos e tecidos.

Obxectivos do proxecto
Traballar a doazón de órganos e tecidos e a doazón de sangue dende diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade. Promover actividades educativas para o alumnado de bacharelato e formación profesional que os familiarice coa doazón, obtención e uso dos hemoderivados, de modo que poidan ver no acto de doar sangue un exemplo concreto de axuda mutua, de contribución persoal ao ben da sociedade e que dará lugar á súa incorporación como doantes de sangue ao alcanzar a maioría de idade.