arriba
Domingo, 7-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorSecretaríaseparatorAdmisión e matrícula 2025/2026


Admisión e matrícula 2025/2026


Para estudar formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario participar nun proceso de admisión.

Se estás interesado en cursar algún dos ciclos formativos que se ofertan no noso centro, ademais de cumprir cos requisitos de acceso, tes que participar no citado proceso.

Toda a información está a túa disposición na web de FP da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Pincha aquí para acceder a dita información. 


Prazos do proceso de admisión

O proceso de admisión contempla unha serie de pasos ou etapas, cunhas datas concretas que hai que cumprir de forma rigorosa para evitar quedar fora do proceso . Consulta aquí os prazos do proceso de admisión.


Alumnado que cursou 2º ordinario no curso 2024/2025 e ten módulos suspensos de 2º ou 1º:

Terá que facer a súa inscrición como repetidor de 2º, para matricularse dos módulos suspensos.

No caso de que sexan FOL e/ou EIE, na solicitude ten que figurar IPE I e/ou IPE II


Novidades na implantación da nova Lei de FP para a oferta modular de presencial e distancia (agás TCAE e Dietética):

Recoméndase ao alumnado que xa ten módulos superados que continúen no plan actual, non precisando cursar os novos módulos, tendo en conta que si aínda non se cursaron os módulos de FOL e EIE, tedes que matricularvos en IPEI e IPEII.

O alumnado que decida incorporarse á nova ordenación, terá que matricularse tamén nos novos módulos do ciclo.

Pincha aquí para ter mais información e acceder aos criterios de matrícula do ciclo que estás a cursar.


¿Como facer a solicitude?

A través do asistente informático "Ciclos admisión". Pincha aquí para obter información.

Importante

Este procedemento consta de dúas fases.

1. Solicitar a ensinanza á que queres acceder.

2. Facer a matrícula correspondente, se estas admitido ou admitida, unha vez resoltas as solicitudes por parte da administración. A matrícula debe ser impresa dende a aplicación ciclosadmisión para ser posteriormente presentada na secretaría do centro.


Documentación a presentar na secretaría do centro para formalizar a matrícula

1. Documento de matrícula xerado pola aplicación ciclosadmisión (2 copias).

2. Copia do DNI/NIE/Pasaporte.

3. Dúas fotografías recentes de tamaño carnet (26x32 mm)

4. Resgardo do pagamento do seguro escolar.

Só no caso de ser menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula, estás na obriga de pagar a taxa do seguro escolar.

- O importe do seguro escolar é de 1,12 €.

Formas de pagar o seguro escolar: O seguro escolar pódese aboar das seguintes maneiras:

Realizar unha transferencia, ou ingreso en efectivo ou caixeiro no BBVA, ao seguinte número de conta:

ES6401826853940201573183 (BBVA)

- MOI IMPORTANTE. Co fin de identificar ao/á alumno/a que fai pagamento, o concepto debe ser:

PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto_DNI/NIE Ciclo no que te matriculas 

Exemplo: Ramírez Fanjul Alberto 33333333C 2º Operacións de laboratorio