Admisión e matrícula
Dirixido a
- Alumnado que accede a un ciclo formativo.
- Alumnado repetidor de 1º curso.
- Alumnado da modalidade de adultos (distancia ou presencial).
Para estudar formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario participar nun proceso de admisión.
Se estás interesado en cursar algún dos ciclos formativos que se ofertan no noso centro, ademais de cumprir cos requisitos de acceso, tes que participar no citado proceso.
Toda a información está a túa disposición na web de FP da Consellería de Educación, ciencia, universidades e formación profesional. Pincha aquí para acceder a dita información.
Prazos do proceso de admisión
Máis información en Admisión a FP. Curso 2024-2025.
¿Como facer a solicitude?
A través da web ciclos admisión. Pincha aquí para acceder
Importante
Este procedemento consta de dúas fases.
1. Solicitar o ciclo/s formativo/s ou módulos (réxime de adultos) aos que queres acceder.
2. Facer a matrícula correspondente, se estas admitido ou admitida, unha vez resoltas as solicitudes por parte da administración. A matrícula debe ser impresa dende a aplicación ciclosadmisión para ser posteriormente presentada na secretaría do centro.
Documentación a presentar
1. Documento de matrícula xerado pola aplicación ciclosadmisión (2 copias).
2. Copia do DNI/NIE.
3. Dúas fotografías recentes de tamaño carnet (26x32 mm)
4. Resgardo do pagamento do seguro escolar.
Só no caso de ser menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula, estás na obriga de pagar a taxa do seguro escolar.
- O importe do seguro escolar é de 1,12 €.
- Realizar unha transferencia, ingreso en efectivo ou nun caixeiro ao seguinte número de conta do BBVA:
ES64 0182 6853 9402 0157 3183
- Co fin de identificar ao/á alumno/a que fai pagamento, o concepto debe ser:
PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto Ciclo no que te matriculas
Exemplo: Ramírez Fanjul Alberto 2º Operacións de laboratorio