Pago de taxas dos títulos LOE e LOXSE
Formas de pago
Se remataches os teus estudos de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título. Para iso tes dúas posibilidades:
- Telematicamente: O pago debe realizarse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, seguindo os pasos que se indican nas instrucións que podes consultar premendo aquí.
- Presencialmente: Solicitar un impreso na secretaría do centro, onde che indicarán o trámite a seguir.
Tarifas
Tarifa normal |
Familia numerosa (categoría xeral) |
Familia numerosa (categoría especial) |
Duplicado | |
Técnico (ciclo medio) | 22,07 € | 11,06 € | 0 € | 2,55 € |
Técnico superior (ciclo superiorior) | 54,00 € | 27,03 € | 0 € | 4,98 € |
Curso de especialización (medio/superior) | 25,91 € | 12,97 € | 0 € | 2,55 € |