Matricula de alumnado que accede a segundos cursos de réxime ordinario
Prazo de presentación: Recoméndase do 24 ao 27 de xuño de 2025. Data límite 2 de xullo de 2025 as 13h.
Importante. O alumando que non presente en prazo a documentación para levar a cabo a matrícula en segundo curso do seu ciclo formativo, quedará excluído.
Lugar de presentación: Na oficina de secretaría do centro, en horario de 9 h a 14 h
Documentación a presentar na secretaría do centro
1. Documento de matricula:
Descarga aquí o documento de matrícula.
Cubre completamente e de forma correcta dous exemplares do documento e asínaos.
2. Resgardo do pagamento do seguro escolar
Só no caso de ser menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula, estás na obriga de pagar a taxa do seguro escolar.
- O importe do seguro escolar é de 1,12 €.
- Formas de pagar o seguro escolar: O seguro escolar pódese aboar das seguintes maneiras:
Realizar unha transferencia, ou ingreso efectivo ou caixeiro no BBVA, ao seguinte número de conta:
ES6401826853940201573183 (BBVA)
- MOI IMPORTANTE. Co fin de identificar ao/á alumno/a que fai pagamento, o concepto debe ser:
PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto_DNI/NIE Ciclo no que te matriculas
Exemplo: Ramírez Fanjul Alberto 33333333C 2º Operacións de laboratorio
3. Unha fotografía recente de tamaño carnet (26x32 mm)









