FCT. Matrícula e exención
Dirixido a
- Alumnado que ten pendente a realización da formación en centros de traballo.
Como facer a matrícula?
Prazos de presentación
- Nos meses de setembro, decembro e marzo.
- Co fin de axilizar a matrícula de setembro, preferiblemente, presentar do 26 de xuño ao 4 de xullo.
Lugar de presentación:
- Na oficina de secretaría do centro, en horario de 9:00 h a 14:00 h
Documentación a presentar:
1. Documento de matrícula
- Descarga aquí o documento de matrícula
- Cubre completamente e de forma correcta o documento, imprímeo por duplicado e asínao.
2. Resgardo do pagamento do seguro escolar
Só no caso de ser menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula, estás na obriga de pagar a taxa do seguro escolar.
- O importe do seguro escolar é de 1,12 €.
- Formas de pagar o seguro escolar: O seguro escolar pódese aboar das seguintes maneiras:
Realizar unha transferencia ao seguinte número de conta:
ES6401826853940201573183 (BBVA)
Realizar un ingreso en efectivo nunha oficina BBVA a no seguinte numero de conta:
ES6401826853940201573183 (BBVA)
Mediante ingreso en efectivo nun caixeiro BBVA ao seguinte numero ce conta:
ES6401826853940201573183
- Co fin de identificar ao alumno/a que fai pagamento, o concepto debe ser:
PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto Ciclo no que te matriculas
Exemplo: Ramírez Fanjul Alberto 2º Operacións de laboratorio
3. Unha fotografía recente de tamaño carnet (26x32 mm)
Exención da FCT
Todo aquel alumnado que desexe solicitar a exención da FCT ten que presentala no momento de presentar a matrícula da FCT. Descarga aquí o modelo de solicitude de exención de FCT.
Normativa
Podes consultar a ORDE do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia premendo aquí.