arriba
Xoves, 13-Febreiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorAlumnadoseparatorOferta formativa curso 2024/2025


Oferta formativa curso 2024/2025

Podes consultar aquí a nosa oferta formativa para o curso 2024/2025.

Consulta aquí a información sobre a modalidade dual dos ciclos superiores Desenvolvemento de Aplicacións Web e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Consulta aquí a información sobre a modalidade dual do ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Podes ampliar a información sobre cada un dos ciclos formativos e sobre os cursos de especialización na web da consellería.


CM Sistemas microinformáticos e redes

Réxime: ordinario (quenda de mañá e de tarde).

Horario:

  • ordinario quenda mañá: de 08:30 h a 15:00 h
  • ordinario quenda tarde: de 16:00 h a 22:20 h

 Prioridade para escoller quenda:

  1. Alumnado con discapacidade legalmente recoñecida maior ou igual ao 33%.
  2. Alumnado que cumpra os requisitos de deportista galego de alto nivel ou de alto rendemento.
  3. Resto do alumnado, ordenado cos últimos cinco díxitos numéricos do documento oficial de identificación persoal (DOI).

Normativa que se aplica: ORDE do 11 de xuño de 2024 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024-2025. Disposición adicional quinta.