Curso de especialización Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información
A competencia xeral deste título consiste en definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
Modalidade: distancia (virtual)
Curso de especialización: 720 horas / un curso académico