arriba
Luns, 9-Decembro-2024   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorSecretaríaseparatorEntrega documentación alumnado distancia


Entrega documentación alumnado distancia

O alumnado que se matricula en ensinanzas de réxime módular de persoas adultas, na modalidade de distancia, entregará a documentación requirida no seguinte enderezo electrónico: matricula.cifp.carballeira@edu.xunta.gal.

O asunto do correo debe ser o seguinte:

Distancia, Nome e Apelidos, Ciclo Formativo no que me matriculo.

Exemplo:

Distancia, Fermín García Bueno, Desenvolvemento de Aplicacións Web.

 

A documentación a entregar será a seguinte:

  • Resgardo do documento “Solicitude de matricula a prazas adxudicadas”, que se xera dende a aplicación “Ciclos Admisión”.
  • Resgardo de Pagamento do seguro escolar obrigatorio si se é menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula.

Só no caso de ser menor de 28 anos no momento de efectuar a matrícula, estás na obriga de pagar a taxa do seguro escolar.

O importe do seguro escolar é de 1,12 €.

Realizar unha transferencia, ingreso en efectivo ou nun caixeiro ao seguinte número de conta do BBVA:

  ES64 0182 6853 9402 0157 3183

Co fin de identificar ao/á alumno/a que fai pagamento, o concepto debe ser:

PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto Ciclo no que te matriculas 

Exemplo: Ramírez Fanjul Alberto 2º Operacións de laboratorio

  • Fotografía recente tamaño carnet (26x32 mm)
  • Certificación de estar en posesión do requisito de acceso (titulación de estudos de acceso).