Validación de módulos profesionais
A información sobre o procedemento de validacións de módulos profesionais está dispoñible na dirección web da páxina de FP da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
https://www.edu.xunta.gal/fp/validacion-modulos-profesionais
Tamén podes consultar a Guía Visual sobre validacións na Formación Profesional, onde atoparás de xeito resumido toda a información sobre os trámites de validacións de módulos profesionais.
https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10833
As validacións poden ser resoltas por dous organismos: O centro educativo ou o Ministerio de Educación.
- Centro educativo: Validación de módulos profesionais achegando estudos doutros ciclos formativos.
- Prazo de presentación: 20 días dende o comezo das clases ( as clases comezaron o 11/09/2024)
- Documentación a presentar:
- Anexo XIV cuberto.
- Certificación académica dos ciclos formativos cursados.
- Lugar de presentación:
- Alumnado que cursa ciclos formativos presenciais: na secretaría do centro.
- Alumnado que curso ciclos formativos na modalidade de distancia: Enviar a documentación escaneada ao email matricula.cifp.carballeira@edu.xunta.gal. O asunto do mail debe ser validación módulos PrimeiroApelido SegundoApelido NomeCompleto Ciclo estea a cursar.
Exemplo: Validación módulos Ramírez Fanjul Alberto Desenvolvemento Aplicacións Web.
- Ministerio de Educación: Validación de módulos profesionais achegando estudos universitarios.
- A validación require a matricula previa do alumnado no módulo que desexa validar.
- Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto todo o ano.
- Documentación a presentar:
- Anexo V cuberto.
- Certificación académica oficial dos estudos universitarios cursados.
- Programas / Plans de estudos das materias cursadas, en castelán, e seladas pola Universidade correspondente.
- Dilixencia da Universidade, onde se faga constar que os programas aportados se
- correspondan cos estudos que figuran na certificación académica aportada.
- Lugar de presentación: En todas as modalidades formativas (presencial ou distancia), na secretaría do centro.
Moi Importante: A validación de módulos profesionais non será efectiva ata que o alumnado presente a resolución favorable correspondente na secretaría do centro onde se atope matriculado. Mentres non se estea en posesión da resolución, o alumnado (que curse ciclos formativos en modalidade presencial) deberá asistir as actividades docentes e será avaliado ata ese intre.