Actividades
Gañadores concurso panxoliñas 2024/2025
Primeiro premio. Brais Fernández Gómez.
No pendello que hai xunto o camiño
Hoxe as doce da noite naceu
Un meniño pequeniño
que parece do ceo caeu.
Entre o bafo de dous animales
Pois o pobre cobertas non ten
Nin señales de pañales
Pra tapalo do frío se ven.
Levareille logo este mantelo
Anque as feiras boa falla me fai
E un roxeli de bo pelo
Pra que faga bos caldos sua nai.
Levareille tamén esta pita
Pois é o neno máis guapo que eu vin
e a cabrita máis bonita
que pra el no cortello escollín.
Segundo premio. Jhon Alejandro Velasquez Salazar e Pablo Martínez Villar (2º DAM Ordinario).
Noite fría, ceo estrelado,
nace o Neno tan amado.
Entre a néboa e os cantares,
lúa chea nos lugares.
Estribillo:
Oh, Belén, terra pequena,
lume ardente, luz serena.
Cantan os montes, cantan os ríos,
panxoliñas polos camiños.
Rodeado de pastores,
con amor e con fervores,
traen leite fresco, pan da aldea,
mentres canta a rula leda.
Estribillo:
Oh, Belén, terra pequena,
lume ardente, luz serena.
Cantan os montes, cantan os ríos,
panxoliñas polos camiños.
As estrelas no ceo guían,
os reis magos xa camiñan,
ouro, incenso e mirra traen,
e a esperanza no mundo nace.
Estribillo:
Oh, Belén, terra pequena,
lume ardente, luz serena.
Cantan os montes, cantan os ríos,
panxoliñas polos camiños.
Mercadillo solidario
Sorteo enigmático
Microrrelato gañador Concurso Samaín 2024
O último bico... por Andrés Blanco Ferro (1º Desenvolvemento de aplicacións web)
Nunha noite de treboada, Adrián voltou á casa onde Laura, a súa amada, levaba anos soterrada. Sentía a súa presencia, o seu perfume no aire húmedo. “Perdóame”, murmurou el, mentras unha man fría rozaba a su pel. As luces pestanexaron, e a voz dela susurrou no vento: "Nunca me deixaches marchar". Unha sombra apareceu no espello, o reflexo dunha Laura consumida, chorando anos de sangue. O medo e o remorso afogaron a Adrián, incapaz de fuxir. O espectro achegouse, e cun bico de xeada, selou o seu destino: “Agora ficarás comigo... para sempre”.
Gañadores/as do concurso Fotogalego 2024