arriba
Luns, 18-Maio-2026   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorFormación en empresaseparatorInformación para ciclos LOXSE


Información para ciclos LOXSE

  • CM Coidados auxiliares de enfermaría
  • CS Dietética

Responsable do departamento de relación con empresas
Lurdes Docampo Gómez
relacionconempresas.cifp.carballeira@edu.xunta.gal
988788477

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE FCT

Formación práctica en centros de traballo


MÓDULO DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)

Normativa aplicable

Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia

O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos e desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas no centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

O acceso a este módulo producirase cando o alumnado teña unha avaliación positiva en todos os módulos profesionais do ciclo formativo realizados no centro educativo.

Duración FCT

  • Formación Profesional Básica: 320 horas.
  • Ciclo Medio: 410 horas.
    • Coidados Auxiliares e Enfermaría: 440 horas.
  • Ciclo Superior: 384 horas.
    • Dietética: 380 horas.
  • Curso de especialización de Cultivos Celulares: 120 horas.

Períodos de realización da FCT

  • Setembro - Decembro
  • Xaneiro - Marzo
  • Abril - Xuño

A FCT realizarase ao final de cada ciclo formativo, nun só período e de xeito ininterrompido.

A matrícula para realizar a FCT en período extraordinario realizarase no mes inmediatamente anterior do comezo do dito período.

Durante o período de realización da FCT, o horario do alumnado adaptarase ao horario laboral do centro de traballo.


EXENCIÓN FCT

A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.

Requisitos

  • Acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.

Aplicando a RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25:

      • No caso dos cursos de especialización será suficiente con acreditar seis meses de experiencia  laboral relacionada coa formación cursada, para poder solicitar a exención das prácticas en empresa.
      • Quedan exceptuados da posible exención do período de formación ou organismo equiparado os ciclos formativos de grao superior da familia profesional de Sanidade: Audioloxía Protésica, Próteses Dentais, Ortopróteses e Produtos de Apoio, Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, Documentación e Administración Sanitarias, Hixiene Bucodental, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, Laboratorio Clínico e Biomédico, e Radioterapia e Dosimetría.

  • Matrícula previa do alumno ou da alumna nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente

O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días naturais.

A solicitude presentarase na secretaría do centro. Presentar a solicitude de exención de FCT coa documentación requerida: vida laboral e informe de empresa.

Descargar formulario de solicitude de exención no módulo de FCT.

Tamén se pode solicitar na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.


RENUNCIA Á FCT

O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT, e polo tanto á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:

  • Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
  • Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
  • Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
  • Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.

A solicitude de renuncia debe presentarse polo menos dous meses antes da data da avaliación final do módulo de FCT.

A dirección do centro resolverá, nun prazo máximo de 10 días.