arriba
Luns, 18-Maio-2026   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorAlumnadoseparatorAccións formativas para persoas desempregadas (AFD)


Accións formativas para persoas desempregadas (AFD)

Idioma:  Descripción de la imagen Descripción de la imagen

QUE SON OS CURSOS AFD?

As Accións Formativas para persoas desempregadas (AFD) son programas de Formación Profesional para o emprego dirixidos a mellorar a cualificación e a empregabilidade.

A maioría destas accións están orientadas á obtención dun Certificado profesional (formación oficial vinculada a un perfil profesional), recoñecido en todo o territorio estatal.

Graos e niveis

No marco do Sistema de FP para o emprego podes atopar formacións de:

  • Grao A e Grao B: formacións máis curtas e acumulables (partes dun itinerario profesional).
  • Grao C (Certificado profesional): formación máis completa, asociada a un certificado de nivel 1, 2 ou 3.

Os niveis (1–3) indican o grao de complexidade e os requisitos de acceso:

  • Nivel 1 (iniciación): pensado para comezar desde cero.
  • Nivel 2 (intermedio): require unha base formativa previa.
  • Nivel 3 (avanzado): require maior nivel académico e/ou acreditacións previas.

A quen van dirixidos?

Estas formacións están dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego, aínda que nalgúns casos pode haber prazas para persoas ocupadas (segundo dispoñibilidade e normativa da convocatoria).

Custo, prazas e axudas

  • Cursos 100% gratuítos

  • Posibilidade de solicitar becas e axudas para persoas desempregadas participantes (segundo convocatoria vixente e requisitos).


CONVOCATORÍA AFD 2026 - IFCT0108

Esta acción formativa comezou a impartirse o 13/04/2026.

IFCT0108 – Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos

  • Precio: gratuito.
  • Duración: 448 horas.
  • Docencia: do 13/04/2026 o 08/07/2026.
  • Prácticas en empresas: 09/07/2026 o 24/07/2026.
  • Horario: de 16:00 a 22:00.
  • Nivel: 1.
  • Prazas: 15.
  • Certificado de profesionalidade: si.
  • Resumo de contidos:

    • Operacións auxiliares de montaxe de compoñentes e periféricos.

    • Verificación e testeo de equipos e periféricos.

    • Mantemento básico de sistemas microinformáticos seguindo procedementos.

    • Boas prácticas de seguridade, orde e calidade no taller.

    • Iniciación a operacións básicas con TIC a nivel usuario.

  • Requisitos de acceso:

    • Sen requisitos académicos.


INCRICIÓN E CONTACTO

Para información, prazas e inscrición: