Información para ciclos LOOIFP
- CB Informática de Oficina
- CM Sistemas Microinformáticos e Redes
- CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede
- CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
- CS Desenvolvemento de Aplicacións Web
- CM Operacións de Laboratorio
- CS Laboratorio de Análise e de Control de Calidade
- CS Hixiene Bucodental
- CS Laboratorio Clínico e Biomédico
- CS Documentación e Administración Sanitarias
- CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
- CM Emerxencias Sanitarias
- CM Farmacia e Parafarmacia
- CS Química e Saúde Ambiental
- CE Cultivos Celulares
Responsable do departamento de relación con empresas
Lurdes Docampo Gómez
relacionconempresas.cifp.carballeira@edu.xunta.gal
988788477
FORMACIÓN EN EMPRESA
Normativa aplicable
Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional (LOOIFP).
A formación na empresa ou organismo equiparado pasa a estar integrada co resto dos módulos profesionais das ensinanzas, deixa de ser un módulo específico.
Duración da formación en empresa
Formación Profesional Básica: 400 horas
Ciclo Medio: 500 horas
Ciclo Superior: 500 horas
Curso de especialización de Cultivos Celulares: 150 horas
Períodos de realización da formación en empresa
- Setembro - Decembro
- Xaneiro - Marzo
- Marzo - Xuño
A formación en empresa realizarase ao final de cada ciclo formativo, nun só período e de xeito ininterrompido.
A matrícula para realizar as prácticas en período extraordinario realizarase no mes inmediatamente anterior do comezo do dito período.
Requisitos para a realización da formación en empresa
- Que a persoa sexa maior de dezaseis anos.
- Que a persoa conte co certificado de Prevención de riscos laborais.
- Que teña na segunda avaliación parcial cualificación positiva en módulos que supoñan como mínimo o 50% do horario semanal
Durante o período de realización da formación en empresa, o horario do alumnado adaptarase ao horario laboral do centro de traballo.
EXENCIÓN DO PERÍODO DE FORMACIÓN EN EMPRESA
A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividadesprogramadas para as prácticas na empresa.
Requisitos:
- Acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.
Aplicando a RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25:
- No caso dos cursos de especialización será suficiente con acreditar seis meses de experiencia laboral relacionada coa formación cursada, para poder solicitar a exención das prácticas en empresa.
- Quedan exceptuados da posible exención do período de formación ou organismo equiparado os ciclos formativos de grao superior da familia profesional de Sanidade: Audioloxía Protésica, Próteses Dentais, Ortopróteses e Produtos de Apoio, Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, Documentación e Administración Sanitarias, Hixiene Bucodental, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, Laboratorio Clínico e Biomédico, e Radioterapia e Dosimetría.
- Matrícula previa do alumno ou da alumna nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente
O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días naturais
A solicitude presentarase na secretaría do centro. Presentar a solicitude de exención da formación en empresa coa documentación requerida: vida laboral e informe de empresa.
Descargar formulario de solicitude de exención do período de formación en empresa.
Tamén se pode solicitar AQUÍ na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.
APRAZAMENTO DA FASE DE FORMACIÓN EN EMPRESA
O alumnado que non poida realizar esta fase de formación no período previsto, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas, poderá solicitar á Dirección do centro educativo o seu aprazamento por circunstancias excepcionais:
- Doenza ou accidente grave.
- Maternide ou paternidade.
- Incompatibilidade cunha xornada laboral que impida a súa realización.
- Participación en programas de mobilidade ou outros estudos oficiais.
- Circunstancias académicas ou formativas excepcionais, debidamente motivadas, que aconsellen diferir a realización da fase de formación na empresa para garantir un mellor aproveitamento formativo e adquisición das competencias profesionais.
- Outras causas de forza maior ou circunstancias persoais excepcionais.









