arriba
Sábado, 23-Outubro-2021   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorSolicitude de accesoseparatorSolicitude de acceso


Solicitude de acceso

 img#32131Para acceder ao viveiro  deberás seguir os seguintes pasos:

  1.      Entrevista inicial coa persoa titora do viveiro.

O obxectivo é facer unha valoración da idea emprendedora e do equipo emprendedor, responder ás túas preguntas e dúbidas en relación co funcionamento do viveiro e valorar o potencial emprendedor da túa idea.

 

  1.      Elaboración do plan de empresa.

Se a valoración da túa idea emprendedora é positiva a persoa titora do viveiro axudarache a elaborar un proxecto de empresa realista. Neste proceso terás que madurar a túa idea, analizar o contorno, facer as previsións de investimento, buscar financiamento, establecer as estratexias para introducirte no mercado, …

 

Na páxina web do IGAPE podes obter guías para a elaboración do plan de empresa (Modelo Canvas) e acceder a programas para elaborar o plan económico (Viable 2020), así como, exemplos de plans de empresas de diferentes modelos de negocio.

 img#87094

  1.      Contrato de cesión de espazo no viveiro

Se o proxecto se valora como viable, deberás asinar o Contrato tipo de cesión de espazo no viveiro de empresas, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da túa empresa durante un período de dous anos.


Se desexas solicitar una entrevista, completa e envía o seguinte formulario.

Formulario de solicitude de entrevista inicial


Datos do emprendedor

Datos do proxecto empresarial

Lin e acepto a política de privacidade e condicións de uso dos datos persoais.

Verificación CAPTCHA
Enviando datos.
Espere

cifpacarballeira.gal lle garante a adopción das medidas oportunas para asegurar o tratamento confidencial dos datos introducidos neste formulario.