A competencia lingüística é unha ferramenta fundamental á hora de proporcionar ao noso alumnado os instrumentos para incrementar as súas opcións de desenvolvemento persoal e profesional nuha era cada vez máis definida pola globalización. O Departamento de Idiomas do CIFP A Carballeira inclúe a docencia do inglés naqueles ciclos formativos que así o demandan xunto cos módulos de Comunicación e Sociedade da Formación Profesional Básica.
O departamento plantexa unha formación enfocada ao desenvolvemento das tres destrezas básicas dun idioma cun punto de vista máis dirixido aos aspectos técnicos propios do ciclo formativo en cuestión.