
Acreditación en competencias dixitais do alumnado de FP
A Dirección Xeral de Formación Profesional vén de publicar a Resolución do 31 de marzo de 2025 pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.
Pódese acceder a esta Resolución a través da seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11131
Segundo dita Resolución, pódense acreditar dous posibles niveis de competencia dixital dentro do Marco galego de competencias dixitais:
- Nivel iniciación
- Nivel intermedio
A certificación que acredite un nivel completo de competencias dixitais estará dispoñible na “Carpeta cidadá” da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumno/a. Igualmente recibiraa a través da aplicación Abalar.
Por outra banda, a acreditación terá unha validez de cinco anos e hai varias posibilidades de obtela nalgún dos dous niveis mencionados, tal e como se especifica de seguido.
Acreditación de oficio por obter un título de Formación Profesional
Nivel iniciación: acreditará o nivel de iniciación en competencias dixitais o seguinte alumnado:
- Aquel que obteña o título de FP Básica en calquera perfil profesional no curso 2024-2025.
Nivel intermedio completo: acreditará o nivel intermedio completo en competencias dixitais o seguinte alumnado:
- Aquel que obteña no curso 2024-20254 o título de técnico ou técnica (título de ciclo de grao medio) en “Sistemas microinformáticos e redes”, en “Instalacións de telecomunicacións” ou en “Instalacións eléctricas e automáticas”.
- Aquel que obteña no curso 2024-2025 o título de especialista en Implementación de Redes 5G ou Instalación e Mantemento de Sistemas Conectados a Intertnet, sempre que o alumnado dispor dun título de téecnico/a ou de técnico/a superior.
- Aquel que obteña no curso 2024-2025 o título de técnico superior ou técnica superior (título de grao superior) en calquera perfil profesional.
- Aquel que obteña no curso 2024-2025 o título de máster de formación profesional (curso de especialización de grao superior), sempre e cando acredite dispor dun título de técnico superior ou técnica superior.
- Aque que obteña no curso 2024-2025 o título de ténico/a superior de Artes Plásticas e Deseño de réxime especial.
Nivel intermedio parcial: acreditará o nivel intermedio parcial, non completo, en competencias dixitais o seguinte alumnado:
- Aquel que obteña no curso 2024-2025 o título de técnico ou técnica (título de ciclo de grao medio) diferente a “Sistemas microinformáticos e redes”, “Instalacións de telecomunicacións” e “Instalacións eléctricas e automáticas”.
- Aquel que obteña no curso 2024-2025 o título dun curso de especialización de grao medio diferente a “Implementación de Redes 5G” e “Instalacións e Mantemento de Sistemas Conectados a Internet”.
Acreditación do nivel intermedio completo por proba específica
Pode presentarse a unha proba específica de nivel intermedio aquel alumnado matriculado durante o curso 2024-2025 no segundo curso dun ciclo formativo de FP Básica ou no módulo IV das ensinanzas d eeducación secundaria para persoas adultas. A proba será realizada no mes de xuño no propio centro.
Acreditación do nivel intermedio completo por proba específicica e simultaneamente por obter unha titulación
Poderá acreditar o nivel intermedio o alumnado que supere unha proba exclusiva da área de dominio 4 e simultaneamente obteña durante o curso 2024-2025 un título de técnico ou técnica (título de ciclo de grao medio) diferente a “Sistemas microinformáticos e redes”, “Instalacións de telecomunicacións” e “Instalacións eléctricas e automáticas”. A proba será realizada no mes de xuño no propio centro.
Inscrición na proba
O alumnado interesado en participar nas probas indicadas anteriormente (de nivel intermedio completo ou a proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio), entregará cuberto na oficina o documento de solicitude (Anexo I) con data límite o 28 de abril de 2025. No caso de alumnado menor de idade, deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.
Características da proba
Nivel intermedio (completo).
- Batería de 63 preguntas.
- Tempo máximo de 90 minutos.
- Para superar a probar de nivel intermedio deberase responder correctamente a un mínimo de 45 preguntas no total da proba e ademais deberá superar un mínimo de preguntas por cada unha das cinco áreas de preguntas e será necesario obter un mínimo dun 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
Nivel intermedio (área 4)
- Batería de 12 preguntas.
- Tempo máximo de 20 minutos.
- Para superar a proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un mínimo de 8 preguntas no total da proba.
As probas realizaranse no centro no mes de maio e nas datas asignadas dende a Dirección Xeral de Formación Profesional.
A certificación en competencias dixitais do alumnado terá unha validez de cinco anos.