arriba
Sábado, 1-Abril-2023   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorAlumnado do CIFP A Carballeira participou na Olimpíada Informática G...


emprendementoacfconselleriainformaticainnovacion
Venres, 3-Marzo-2023
Alumnado do CIFP A Carballeira participou na Olimpíada Informática Galega 2023 - Foto

Alumnado do CIFP A Carballeira participou na Olimpíada Informática Galega 2023

O alumnos Matías Lobos Donoso e Ismael Doniz Nanín do ciclo de SMR reciben de man da directora, Aida Saa Sarria, un pequeno agasallo agradecendo a representación do centro no evento que tivo lugar o pasado 10 de febreiro na Facultade de Informática da Coruña.
O noso alumnado concorreu a este evento no que participaban un total de 37 alumnos e alumnas de toda Galicia pertencentes aos niveis educativos de ciclo medio, ESO e bacharelato. O campionato consistía en resolver sete supostos prácticos empregando algunha linguaxe de programación como Python, Java ou C++. Ademais da directora, acompañan na fotografía o secretario, Carlos González Durán, a xefa de estudos, Mónica Diéguez e o titor/titores Julio Mosquera González e Carlos Lorenzo González-Viso.


Alumnado do CIFP A Carballeira participou na Olimpíada Informática Galega 2023 - Foto 2


Mais noticias...