arriba
Domingo, 28-Maio-2023   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorO departamento de Informática do CIFP A Carballeira organiza unha da...


emprendementoacfinformaticainnovacion
Venres, 24-Marzo-2023
O departamento de Informática do CIFP A Carballeira organiza unha das cinco fases de clasificación do concurso de programación nacional para ciclos formativos - Foto

O departamento de Informática do CIFP A Carballeira organiza unha das cinco fases de clasificación do concurso de programación nacional para ciclos formativos

O departamento de Informática do CIFP A Carballeira organiza unha das cinco fases de clasificación do concurso de programación nacional para ciclos formativos ProgramaMe. A final desenvolverase en Madrid no mes de xuño na que participarán 24 centros de todo o país. Nesta ocasión, unha vez retomado o formato habitual do concurso despois dos anos de pandemia, participan oitenta equipos na fase de clasificación en liña que se celebrará no noso centro o día 28 de marzo de 11.00 a 12.00 h. Cada equipo está formado por tres alumnos e un suplente. Os equipos pertencen a 13 centros educativos das seguintes provincias: Badaxoz, León, Pontevedra, Guipúscoa, Lugo, Murcia, Sevilla, Valladolid, Xaén, Ávila e Ourense. Para máis información, consulta a seguinte ligazón.



Mais noticias...