
Plan Conecta FP Galicia. Encontro Territorial en Ourense
Celebrado no Centro Galego da Innovación da Formación Profesional un novo encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia, no que participaron representantes do tecido produtivo e dos centros educativos con oferta de formación profesional da zona e no que tivo un relevante papel o noso centro á hora de levar a cabo a organización do evento.
Tratáronse as posibilidades de colaboración entre a FP e as empresas da contorna, a formación profesional como vía de capacitación, as necesidades do sector produtivo e a importancia da acreditación de competencias e da formación dos traballadores para o futuro do mercado laboral.
Consulta o programa aquí