
Premiado un proxecto de innovación presentado desde o CIFP A Carballeira
Vén de ser premiado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, cun importe de 38 740 €, o proxecto de innovación «Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D» coordinado por Beatriz Mira Miñones, compañeira do departamento de Sanidade. Moitos parabéns de parte da comunidade educativa do CIFP A Carballeira.