Premiada a biblioteca do CIFP A Carballeira
A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de cinco centros educativos, entre eles o CIFP A Carballeira, co selo Biblioteca Escolar Solidaria, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que ten como obxectivo premiar aquelas bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre a comunidade escolar.










