Participación no 7º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2023
O noso centro está a participar no 7º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2023 que se celebra no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
Na modalidade Desenvolvemento web compite o noso alumno Trond Thorvaldsen González titorizado polo profesor Luis Alberto Fernández González.
Na modalidade Atención dermofarmacéutica, en formato demostración, participa a alumna Yasmina Mehovic Cendón, titorizada pola profesora Rita Fernández Vieito.
E como presidente do xurado na modalidade Tecnoloxía de laboratorio químico participa o profesor Francisco Vázquez Vázquez.