arriba
Mércores, 6-Decembro-2023   |    Acceso privado

 

 


celebracions
Luns, 6-Novembro-2023
Magosto 2023 - Foto

Magosto 2023

Este ano o magosto do CIFP A Carballeira celebrarase o venres, día 10 de novembro, en horario de 14:00 h a 17:00 h, esperando facilitar a participación e a convivencia entre o alumnado e profesorado das quendas de mañá e de tarde.

O propio día teredes que mercar un tícket de 1€, que estará a venda na cafetería, para o bocata de chourizo. Poranse unhas mesas, na zona cuberta, con bebidas e castañas que corren pola conta do centro educativo. Teremos tres horas de festa; os da mañá rematando a xornada e os da tarde degustando os produtos típicos do magosto antes de incorporarse ás clases.

Contamos coa vosa presenza!



Mais noticias...