Participación no programa de educación cívico tributaria (PECT). Charla difusión dos servizos da Tesorería da Seguridade Social
Charla cívico-tributaria en Formación Profesional
Desde o departamento de FOL queremos transmitir o noso agradecemento ás relatoras polas tres charlas dirixidas ao alumnado dos segundos cursos de ciclos formativos.
Visitas ás instalacións da Axencia Tributaria
Queremos transmitir tamén o noso agradecemento ás relatoras e a delegada provincial da Axencia Tributaria en Ourense por recibir nas súas instalacións ao alumnado de 2º de Hixiene Bucodental.
As actividades centráronse en cuestións orzamentarias e en como se estrutura o sistema impositivo español. Realizouse un percorrido pola imposición directa e indirecta e por conceptos relevantes como a progresividade fiscal. No ámbito ético, abordouse a fraude fiscal e visualizáronse vídeos de actuacións de axentes e de personaxes mediáticos que falan de responsabilidade fiscal.
As actividades foron moi interesantes e amenas. Suscitáronse debates entre o relator e o estudantado sobre aspectos conflitivos como a fraude fiscal, as declaracións de youtubers que deciden irse a paraísos fiscais, a corrupción política na xestión de orzamentos, etc.
Experiencias formativas como estas enriquecen o proceso de aprendizaxe dos nosos estudantes e axúdanlles a conseguir as competencias necesarias para acceder ao mercado laboral con éxito.
Charla difusión dos servizos da Tesorería da Seguridade Social
Dende o Departamento de FOL agradecemos a Luisa Ulla Valcárcel, Xefa de Secciòn da Dirección Provincial da TGSS en Ourense, as 3 charlas informativas impartidas ao alumnado de 1° curso dos CFGM e CFGS (423 alumnos/as).
Nestas charlas informouse ao alumado sobre a estructura e funciòns da Seguridade Social incidindo na TGSS e na importancia da afiliación.
O alumnado mostrouse interesado e participou consultando diversas cuestiòns relacionadas coa temàtica.