arriba
Mércores, 22-Xaneiro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorConcurso Lentes Violetas


Luns, 20-Novembro-2023

Concurso Lentes Violetas

BASES DO CONCURSO

1. Fai unha foto cunhas lentes violetas.
2. Acompáñaa dun texto para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
3. Sube a foto ao teu instagram cos cancelos #25NCIFPACarballeira #NonÁViolenciaMachista antes das10:00 h do venres día 24 de novembro.
4. Etiqueta o noso centro na publicación.

   
Sortearase un cheque regalo de 30 euros entre o alumnado do centro. Valorarase a foto e o texto máis orixinal.

Se ademais queres participar coa túa foto na elaboración dun mural que se exhibirá no centro educativo envíaa a: conserxeria.cifp.carballeira@edu.xunta.gal poñendo no asunto ‘Concurso 25N’. No correo deberás indicar o teu nome e apelidos, dni e estudos que estás cursando no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.


Concurso Lentes Violetas - Foto 1


Mais noticias...