Charla preventiva fronte aos riscos derivados do consumo de drogas/alcol
Hoxe tivo lugar no centro unha charla preventiva fronte aos riscos derivados do consumo de drogas e alcol. Participou unha representante do Corpo Nacional de Policia e tres testemuñas da asociación Alcólicos Anónimos, co obxectivo de concienciar e reflexionar sobre as devastadoras consecuencias que teñen o alcol e as drogas en calquera persoa, e máis especialmente na nosa mocidade.
Asistiu alumnado das distintas familias profesionais que se imparten no centro.
Esta charla está enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.