O noso paso por SEDEXPO 2023
A ferramenta de realidade virtual deseñada para o entrenamento na condución de ambulancias en situacións de emerxencia, premio a proxecto de innovación en Formación Profesional 2022, tivo unha gran acollida na II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO2023 por parte de distintos sectores profesionais dentro do mundo das emerxencias e de alumnado doutros centros.
No stand do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel tamén se facilitou información sobre o procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.



















