Charlas temáticas: antibióticos, unha solución ou un problema?
Hoxe tivo lugar a primeira das charlas temáticas, Antibióticos: Unha solución ou un problema?, impartida por Marta Carballa Arcos, profesora titular do Departamento de Enxeñaría Química, da USC. A través dela preténdese concenciar sobre os problemas derivados do uso masivo e incontrolado de antibióticos e as accións que se están levando a cabo para minimizar ou reducir as súas consecuencias.
Participou alumnado de ciclos formativos das familias profesionais de Sanidade, Química e Seguridade e Medio Ambiente.










