Charla temáticas da USC, "A epidemioloxía ou como medir as enfermidades"
O luns, 4 de decembro, celebrouse a segunda das charlas temáticas da USC, titulada "A epidemioloxía ou como medir as enfermidades", que foi impartida por Angel Salgado Barreira, profesor da Área de mediciña preventiva e saúde pública da USC. Falouse sobre a frecuencia, a distribución e os determinantes da saúde na poboación para poder establecer medidas preventivas para os diferentes problemas de saúde.
Asistiu alumnado dos ciclos formativos das familias profesionais de Sanidade, Química e Seguridade e Medio ambiente.











