Charla-taller sobre a alimentación no ancián
O alumnado de CAE Dual e Adultos tivo a oportunidade de participar nunha charla-taller sobre a alimentación no ancián. Estamos moi agradecidos e agradecidas de poder contar con Lydia Micó, dietista-nutricionista, que desempeña o seu labor en residencias do Goberno Balear.
O alumnado recibiu pautas sobre as necesidades nutricionais nesta etapa da vida e realizou prácticas de texturas con diferentes alimentos: líquidos, froitas, almorzos e comidas.
Foi totalmente enriquecedor e estamos moi contentos e moi contentas 😊