Xornadas de sensibilización con vítimas de accidentes de tráfico
O pasado mércores tivemos o pracer de participar nunha xonada de sensibilización con vítimas de accidentes de tráfico, enmarcada dentro dos Programas Educativos do Concello de Ourense. Foi unha xornada moi enriquecedora, na que o alumnado e o profesorado puido coñecer de primeira man as consecuencias dos accidentes de tráfico e, sobre todo, concienciarse de que a maioría deles son evitábeis. As e os asistentes quedaron moi satisfeitos/as coa actividade e esperamos poder repetir o próximo curso.
Dende aquí o noso agradecemento a Estrella, Fina e Félix. Un pracer contar convosco.