Visita da Asociación Diabética Auria
O pasado mércores, día 7 de febreiro, tivemos de novo no noso centro a visita da Asociación Diabética Auria, para realizar unha actividade que levamos a cabo, ano tras ano, co alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría Dual. O alumnado amplía os seus coñecementos sobre a diabetes, leva a cabo prácticas con insulina, glucagón e toma de glucemia, ademais de coñecer os últimos avances na mellora da calidade de vida dos pacientes. Gracias pola visita, seguiremos desfrutando dela nos vindeiros cursos.