Charla sobre eleccións sindicais
O departamento de FOL quere agradecer ao Sindicato CIG a interesante charla sobre eleccións sindicais impartida por dous dos seus delegados ao alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, Farmacia e Parafarmacia e Emerxencias Sanitarias.
A través desta charla, o alumnado tivo ocasión de coñecer de primeira man as diferenzas entre representación unitaria e representación sindical, en que empresas hai representación dos sindicatos, promoción das eleccións, preaviso electoral, obrigas derivadas da promoción sindical das eleccións para a empresa, promotores, convocatorias, número e atribución de representantes, constitución da mesa electoral, distribución de colexios electorais, persoas electoras/elixibles/candidatas, votación, escrutinio e reclamacións.










