Visita á zona agraria de Riós. Dinamización do rural.
Este martes, 20 de febreiro, o alumnado de
FP Básica de Informática de oficina e do
Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental cambiaron as aulas polo agro de Riós para visitar dúas iniciativas que dinamizan o rural nunha zona que sofre un imparable despoboamento.

Visitaron unha plantación de castiñeiros do proxecto
leirasdeprogo, que pretende recuperar o rural plantando árbores autóctonas en leiras abandonadas para producir madeira e froitos como a castaña, a noz ou a abelá. Na visita abordouse como o clima, as pragas e as características do solo e do terreo inflúen no desenvolvemento destas árbores, e incluso o alumnado plantou un castiñeiro que quedará apadriñado polo noso centro.

Ademáis, o alumnado visitou o obrador/industria de transformación da castaña
pecadosdeoutono, onde converten os froitos recollidos cada outono na zona en fariña e castaña seca co selo de agricultura ecolóxica
