arriba
Mércores, 10-Decembro-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorNo CIFP A Carballeira celebramos a semana do 8M


Martes, 27-Febreiro-2024
No CIFP A Carballeira celebramos a semana do 8M - Foto

No CIFP A Carballeira celebramos a semana do 8M

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller na maioría dos paises. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.

Este ano, baixo o lema Rompamos o teito de cristal, dende o noso centro reivindicamos a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos.

Participa nas actividades que temos preparadas na Semana do 8M e recibe algún agasallo relacionado coa celebración.


No CIFP A Carballeira celebramos a semana do 8M - Foto 2
No CIFP A Carballeira celebramos a semana do 8M - Foto 3


Mais noticias...